Vigo celebra unha Reconquista de tres días
A festa da Reconquista da Vila de Vigo contará este ano cun día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres ao domingo, que incluirá as tradicionais representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa. O Concello incrementa en 2014 o financiamento da cita, ata os 85.000 euros.
O Casco Vello de Vigo acollerá esta fin de semana a celebración da Reconquista, que este ano sumará un día ao iniciarse os festexos este mesmo venres, 28 de marzo, ás 10 horas.
Ás 18:15h deste venres terá lugar a representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo, na praza do Berbés, e o domingo, ás 18 horas, a representación da Reconquista da Vila de Vigo, na Porta do Sol. Durante as tres xornadas que dura o evento, a organización programou animación de prazas e rúas con máis de 30 grupos de música tradicional, música e teatro, demostracións de esgrima antiga, foliada infantil, contacontos e exhibicións de cetrería e oficios tradicionais.
O Concello de Vigo incrementou a partida económica para o financiamento e organización dos distintos actos da Reconquista, cifra que se aumentou este ano ata os 85.000 euros, 10.000 máis que no 2013.
Descargar todas as imaxes