O domingo arranca na Senda da Auga o primeiro dos catro roteiros do Programa Bici-Rutas
Abel Caballero presentou hoxe venres os catro roteiros incluidos este ano no Programa Bici-Rutas, organizado polo Club Ciclista Vigues en colaboración co Concello. A primeira será o domingo 30 de marzo e descurrirá pola Senda da Auga.
O domingo 30 de marzo arrancará a nova edición do programa Bici-Rutas cun roteiro que descurrirá pola coñecida como Senda da Auga. A segunda das expedicións será o domingo 2 de abril, cunha ruta que irá a Cabo Estai; o 4 de maio irase ao Parque da Riouxa e, por último, o 8 de xuño o percorrido será urbano, chegando ao entorno de Samil e ao Quiñones de León, entre outros puntos da cidade. As saídas serán ás 10,30 horas desde a Porta do Sol e trátase, tal e ocmo dixo o rexedor durante a presentación, dunha actividade aberta a calqueira que quera disfrutar do ciclismo na cidade e que prevé convocar a uns mil afeccionados.
Durante a rolda de prensa de presentación, acompañado polos organizadores -responsables do Club Ciclista Vigués-, Caballero referiuse ao programa Bici-Rutas como unha actividade físico-deportiva orientada a compatibilizar o coñecemento do entorno coa práctica de actividade física, usando como medio a bicicleta.
Esta iniciativa está incluida dentro dos Programas Municipais de Deporte e Saúde, xunto con outros como o Programa de Cross Escolar, a Liga de Natación Escolar, o Circuito de Carreiras Populares, o Programa de auga e saúde ou as Rutas a patíns.
Descargar todas as imaxes