O alcalde di que o acordo de orzamentos "permitirá seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e a saída da crise da cidade"
Abel Caballero deu conta dun acordo orzamentario "de gran envergadura" que permitirá, cos dos votos do PP e do PSOE, "seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e saída da crise da cidade". Indicou que hoxe mesmo deu orde de iniciar o proceso de elaboración do proxecto orzamentario que incluirá o acordo acadado co PP, e que podería aprobarse en Xunta de Goberno en 15 días.
O rexedor destacou o acordo "de gran envergadura" que permitirá "seguir apoiando o desenvovemento, o crecemento e a saída da crise". En rolda de prensa, insistiu en que o orzamento que se vai aprobar cos votos de PP e PSOE é "o que a cidade precisa" porque "siginifica continuar coas políticas de emprego, keinesianas, plans de emprego, política social", e, por exemplo, da tarxeta solidaria, que contará con 2,5 millóns de euros para accións de solidariedade e dignidade para alimentos, vivenda ou enerxía. As contas municipais de 2014, insistiu, tamén darán continuidade "ás políticas deportivas, culturais, de acción ou de participación cidadá". Caballero "invitou" ao BNG a "reconsiderar" a súa posición política para apoiar este acordo "que supón apoiar á cidade no eido económico e social".
O acordo acadado co grupo popular, explicou, inclúe acordos para 2015, mencionando, en primeiro lugar unha reducción "importantísima" de prezos, impostos e taxas, cunha rebaixa dun 1,4% do IBI, o rodaxe e o lixo; estudarase a modificación tarifaria da augua e a súa progresiva implantación a partir do 2015; estableceránse equipamentos de servizos para as parroquias de Valadares, Beade, Bembrive, Castrelos, Coruxo, Alcabre, Matamá, Saiáns, Oia, Santa Marina, San Andrés, Candeán, Lavadores, Cabral, Sárdoma, Coia ou Teis. Asimesmo, procederase de igual forma no Parque Tecnolóxico, zonas da Universidade, Camelias, Coutadas, Rola e Travesía de Vigo; seguindo co proceso xa en marcha, poránse a disposición os terreos para a Cidade da Xustiza; valorarase a posibilidade de que o Concello se sume ao transporte metropolitano, establecendo un tope anual na aportación municipal; por último, incorporaránse os organismos autónomos da EMAO, o IMD e Vigozoo á administración municipal.
Rematou cualificando o acordo "como gran impulso para a cidade" e avanzou que o documento vaise tramitar incluido no proxecto de orzamentos que previsiblemente se aprobará en 15 días na Xunta de Goberno Local.
Descargar todas as imaxes