O Concello volve a respaldar a celebración do Concurso de Violín e Cello "Cidade de Vigo"
Así o ratificou este venres o alcalde, despois de reunirse cos responsables da organización da que será a terceira edición deste certame de corda, que este ano pasa a converterse en internacional ao incorporar a Portugal. Indicou Caballero que os gañadores participarán nun concerto da viguesa Orquestra 430.