Escoitar

Máis de 600 patinadores participarán esta fin de semana no Trofeo Cidade de Vigo nas Travesas

O alcalde presentou o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe que esta fin de semana achegará ao Pavillón de As Travesas a máis de 600 deportistas. Organizado polo Coruxo FC coa colaboración do Concello de Vigo, este evento deportivo -clasificatorio para o torneo europeo- reunirá a 42 clubes procedentes de toda España.

xoves, 20 mar 2014
1395319393patinaje.JPG
O Pavillón de As Travesas acollerá esta fin de semana (venres e sábado tarde) o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe (IV Copa de España de Patinaxe Artístico Grupos Show) organizado polo Coruxo FC e no que participarán 42 clubes de toda España. Tamén se celebrará o IV Campionato de Patinaxe Artístico Grupos Show, en categoría Grupos xuveniles e cuartetos. As categorías do campionato de España serán grupos de grandes (mínimo 16 patinadores) e pequenos (4 patinadores).

Durante a presentación, o alcalde, acompañado polo presidente do club, Gustavo Falque, e o concelleiro de Deportes, invitou a toda a cidade a asistir a este "importante evento deportivo" que tamén destaca pola pola do espectáculo. Asistirán 9 federacións autonómicas, 42 clubes e máis de 600 participantes. Rematou agradecendo aos reponsables do Coruxo o seu esforzo e augurou que esta fin de semana "toda a cidade irá sobre patíns.

Esta competición supón un paso clasificatorio para os Campionatos Europeos de Grupos Xuvenís e para a Copa Europea de Grandes e Pequenos, polo que acuden clubes de toda España para tratar de conseguir praza europea.
Descargar todas as imaxes