O Concello colabora no concerto de aCadaCanto, este sábado no Auditorio Municipal
O goberno de Vigo, a través do departamento de Cultura e Festas, coopera co concerto do grupo aCadaCanto, que canta a Rosalía de Castro nun espectáculo que acollerá o Auditorio Municipal do Concello, este sábado 22 de marzo ás 21:00h.
aCadaCanto é o proxecto que dou en xuntar a catro grandes da música galega: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza... En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común. Entre concerto e concerto, xurde a oportunidade de render tributo a Rosalía de Castro no ano 2013, no que se celebraba o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos", e cuxos temas son gravados na mesma Catedral de Tui.
O sábado 22, aCadaCanto canta a Rosalía de Castro en "A Rosa d'Adina"; as entradas atópanse á venda en Servinova ("www.servinova.com", 902 504 500) a un prezo anticipado de 10€ (+ gastos de xestión), e de 12€ no despacho de billetes do auditorio o día do concerto.h.
Descargar todas as imaxes