Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 20 mar 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 21 DE MARZO DE 2014.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 6 de marzo e ordinaria do 7 de marzo de 2014.

ALCALDÍA
2.- Solicitude de participación do xefe da Unidade Administrativa da Alcaldía en curso de "Formación en Lingua Francesa". Expte. 10961/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proposta de perda do dereito a percibir o segundo pago da subvención directa derivado do convenio de colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.89680/301.

4.- Bases reguladoras e convocatoria de subvencións destinada a proporcionar, mediante a utilización de bono-taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade- ano 2014. Expte. 90989/301.

5.- Revisión do IPC do contrato dos Servizos de Intervención Familiar (CLECE S.A.) Expte. 90178/301.

BOMBEIROS
6.- Nomeamento de coordinador de seguridade e saúde, Plan de Seguridade e Saúde e Plan de xestións de residuos da obra "Establecemento, mellora e ampliación dos servizos de extinción de incendios, parque central de Teis. Expte. 3348/213.

COMERCIO
7.- Corrección de erro no acordo da X.Goberno local do 20.05.13 "Execución da Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo recaída no P.A. 352/2009 en relación á concesión de postos no Mercdo do Progreso" con base no informe-proposta do servizo. Expte. 5474/551.

CONTRATACIÓN
8.- Adxudicación do procedemento aberto para a xestión dos servizos da Escola municipal de Teatro. Expte. 14994/332.


9- Devolución de garantía a Civis Global S.L. Expte. 4723/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Bandas de música Populares de Vigo para a organización dos programas de 2014 "Vigo, un mar de bandas" e "Aulas de música nas bandas". Expte. 5453/335.

11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello para a organización dos actos da Reconquista 2014. Expte. 5474/335.

EDUCACIÓN
12.- Xestión directa polos Consellos Escolares do presuposto municipal de mantemento ordinario dos centros de educación infantil e primaria de Vigo para o ano 2014. Expte. 15776/332.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
13.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística no mes de febreiro 2014. Expte. 1783/334.

POLICÍA LOCAL
14.- Rectificación de erro do acordo da X.Goberno local do 21.02.14 "proposta de incoación de expediente disciplinario aos policías 294463 e 294908" con base no informe-proposta do servizo. Expte. 40056/212.

SEGURIDADE
15.- Devolución de avais:
a) Lapatian S.L. Expte. 87523/210.
b) Inmobiliaria Alcabre S.L. 97733/210.
c) Copcisa S.A. Expte. 87768/210.
d) Comidiseño S.L. Expte. 87806/210.
e) Eduardo Costas Ramilo. Expte. 87813/210.
f) Construcciones Magope S.L. Expte. 87925/210
g) Construcciones Magope S.L. Expte. 87926/210.
h) Construcciones Magope S.L. Expte. 87927/210.
i) Construcciones Inmago S.L. Expte. 87928/210.
k) Comunidad Prop. Sanjurjo Badía, 184. Expte. 87920/210.
l) Asistencia y Soluciones de Arquitectura. 87998/210.
m) Grupo Estucor S.L. Expte. 88063/210.
n) Excavaciones y Muros Rubio S.L. 88073/210.
o) Proyectos Edif. Rehabilt. Hnos. Val Miñor 09 S.L. Expte. 88076/210.
p) Construcciones Magope S.L. Expte. 88089/210.
q) Rehabilitación y Construcción Saudino S.L. Expte. 88296/210.
r) Construcciones Gomrre S.L. Expte. 88341/210.
s) Justro Román S.L. Expte. 88385/210.
t) Lapatian S.L. Expte. 88397/210.
u) Construcciones y Granitos Ferman. Expte. 88434/210.
v) Asociación Cultural do Salvador de Teis. Expte. 88349/210.

SERVIZOS CENTRAIS
16.- Complemento de produtividade a favor de Dª Elena Rodríguez Pequeño por encomenda de funcións. Expte. 6868/407.

17.- Complemento de produtividade de D. Enrique Munaiz Alonso por erro cometido na cuantificación da cantidade concedida por productividade o 23.12.13. Expte. 7156/407.

18.- Complemento de produtividade a favor do persoal de Rexistro da Xerencia municipal de Urbanismo. Expte. 7272/407.

19.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 21 de marzo de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 19 de marzo de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.