Escoitar

ProVigo debate sobre o futuro da hostelería, o turismo e comercio na cidade

O alcalde inaugurou este xoves as IV Xornadas "Vigo e o seu Futuro" a cargo da Fundación ProVigo, unha mesa de debate cos responsables do sector terceiro para visualizar o futuro da hostelería, o turismo e comercio. "Levaremos adiante o proxecto que saia dese gran debate", apuntou Caballero.

xoves, 20 mar 2014
1395319338provigo.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que é o segundo mes consecutivo que a Fundación ProVigo estuda o futuro do terciario vigués, "nun momento no que Vigo encontra saída aos seus sectores económicos tradicionais", singularmente o naval, a automoción e a pesca.

"Levaremos adiante o proxecto que saia dese gran debate na cidade en torno á hostelería, o turismo e o comercio", asegurou Caballero, quen adiantou que toca agora "visualizar" o futuro dos nomeados sectores.
Descargar todas as imaxes