Escoitar

As obras no parque de bombeiros de Teis arracarán nunha semana e durarán 7 meses

A remodelación do Parque de Bombeiros de Teis iniciarase nunha semana e os traballos estenderanse durante 7 meses. Tal e como avanzou o rexedor, cando remate esta obra, comezarase coa remodelación do Parque de Balaídos co obxectivo de convertila que se convirta na principal instalación de bombeiros da cidade.

xoves, 20 mar 2014
A Xunta de Goberno Local dará mañá o último paso administrativo previo ao inicio das obras do novo Parque de Bombeiros de Teis que arrancarán a semana que ven e se prolongarán durante 7 meses. Tal e como destacou o rexedor, Vigo ten dous parques de bombeiros -Balaídos e Teis- con 120 efectivos e ambas intalacións están en estado deficiente. A inminente obra de remodelación das instalacións municipais de Teis busca mellorar a operatividade dos servizos de extinción para o que se formula un espazo de cocheras único e diferenciado, incrementando a fachada de acceso dos vehículos para garantir o funcionamento á vez de toda a flota. Ademais, a administración local agrupará os espazos adicados a áreas de control, administrativas, do persoal e docentes para establecer as comunicacións verticais axeitadas e facilitar a mobilidade.

Logo de rematar estes traballos, iniciaránse os das instalacións de Balaídos, avanzou o rexedor. Xa se está a traballar no deseño dunha transformación profunda para que o parque do centro da cidade se convirta no prinicipal, acollendo "nun futuro próximo o grueso da dotación de bombeiros da cidade", explicou.