O goberno local crea unha imaxe corporativa para a Rede de Museos do Concello de Vigo
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores a nova identidade gráfica, un paso máis na identificación do sistema museístico vigués. Creada en 2012, a Rede procura transmitir a diversidade de cada museo mediante unha xestión unificada e unha oferta coordinada.
Coa creación desta imaxe corporativa, o goberno local da un paso máis cara ao recoñecemento da Rede de Museos Concello de Vigo, un sistema museístico municipal ideado en 2012 co obxectivo de optimizar recursos e xestionar unificadamente os distintos centros para coordinar a oferta.
Tal e como explicaron Silva e Rodríguez, a nova identidade gráfica presenta as mesmas cores que o logo do Concello -vermello e negro- e traslada as ideas da singularidade de cada contedor cultural e da integración na Rede de Museos, que funciona cunha xestión e un orzamento único que este ano supera os 3,1 millóns de euros. O logo é un cadrado vermello -que simboliza a Rede- que incorpora un negro máis pequeno que varía de posición para cada un dos recintos.
Aproveitando a nova imaxe do sistema museístico vigués, o goberno de Vigo actualizou a información e editou novos folletos -en galego, español e inglés- para a súa difusión no Museo Quiñones de Leon, no Verbum e na Pinacoteca, xa a disposición dos visitantes.
A Rede de Museos inclúe os recintos de titularidade municipal e aqueles espazos promovidos polo Concello de Vigo a través de funcións. Deste xeito, están integrados na xestión única o Museo Municipal "Quiñones de Leon", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, o MARCO, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e Centro de Artesanía Tradicional.
Descargar todas as imaxes