O alcalde presenta unha tarxeta solidaria que substitúe aos cheques sociais de alimentos
Os cheques municipais para axudas de emerxencia de alimentos serán substituídos por tarxetas de crédito coas que os usuarios poderán comprar comida e productos de hixiene de primeira necesidade en calquera establecemento da cidade. Tal e como explicou o rexedor, este novo instrumento significa "dignidade e discreción" para os beneficiarios que serán persoas sen ingresos. No 2013, o Concello investiu 445.000 euros en axudas de emerxencia social.
O Concello de Vigo facilitará unha tarxeta de crédito solidaria para as persoas sen ingresos económicos que solicitan as axudas de emerxencia, de xeito que se substitúe o cheque que se viña entregando ata o de agora para sufragar alimentos ou produtos de hixiene de primeira necesidade. O alcalde presentou hoxe martes "nunha rolda de prensa moi importante" o que cualificou como "un dos grandes avances nas poíticas de benestar que permite atender aos máis desfavorecidos desde a "tarxeta da dignidade" que empezará a funcionar nas próximas semanas, puntualizou.
Cada vez que a unha persoa se lle conceda unha axuda de emerxencia de alimentos recibirá unha tarxeta bancaria recargada con cartos municipais que os beneficiarios poderán usar en calquera establecimiento da cidade para comprar alimentos ou productos de hixiene de primeira necesidade. A continuación, será o comercio o que lle envíe directamente ao Concello o recibo o que tamén facilitará os trámites administrativos aos usuarios que evitarán a achega de facturas xustificativas.
Respecto ás cantidades, para una persoa serán 150 euros; dúas persoas contarán cun saldo de 220 eurso; tres persoas, 290 euros; 4 persoas, 350 euros; 5 persoas, 400 euros; 6 persoas, 450 euros e, finalmente, 7 persoas recibirán 500 euros. Tal e como explicou o rexedor, esta iniciativa, pioneira en Galicia, funciona xa en cidades como Barcelona.
En 2013, precisou o rexedor, o importe de axudas de emerxencia ascendeu a 445.000 euros que permitiron outorgar 2.000 axudas de emerxencia, das que 600 foron para alimentación e outras moitas para aloxamento, aluguer, mediciñas ou recibos de auga ou luz. No borrador de orzamentos, precisou, está prevista outra partida de 700.000 euros para este tipo de axudas, co que a cuantía final para alimentos ascenderá aos 1,2 millóns de euros. Todas estas achegas concederánse a través da tarxeta solidaria porque significa "dignidade e discreción". Rematou o alcalde destacando a Vigo como "cidade solidaria centrada na atención continua e a dignidade permanente".
Descargar todas as imaxes