Escoitar

O Concello organizará en outono un concerto adicado á música que fala de Vigo

O alcalde e o Valedor do Pobo acordaron a organización en outorno dun concerto que recollerá música e letras que falan de Vigo. Trátase, dixo o rexedor, dunha ideal "xenial" que pretende preservar e aumentar o acervo cultural da cidade.

martes, 18 mar 2014
1395147587espada.JPG
A cidade contará neste próximo outono cun concerto adicado á música que fala de Vigo, coa identificación dos ritmos e das letras que foron compostas para a cidade. Tal e como acordaron esta mañá o rexedor e o Valedor do Pobo, Luis Espada, o goberno local avalará un proxecto que pretende reunir nunha gala cancións, letras e distintos signos populares e coloquiais que falan de Vigo para que o se contará coa colaboración do grupo Os Caramuxos.

Segundo explicou o rexedor, este concerto, que se organizará anualmente, incluirá cada edición unha canción composta ad hoc por un poeta local, de xeito que o acervo cultural da cidade incremetaráse todos os outonos culturais a través da poesía e da música. Caballero cualificou de "xenial" a idea ao tempo que destacou o un custo "moi menor" da iniciativa xa que rondaría os 3.000 euros.
Descargar todas as imaxes