Escoitar

Concello e sindicatos velarán polo reparto de traballo e salarios dignos nas obras públicas

Concello e sindicatos elaborarán un Código de desenvolvemento social da dignidade laboral das obras públicas de Vigo para recoller nun documento as medidas que xa está a adoptar o goberno local: reparto de horas de traballo, salarios dignos e cumprimento das normas laborais. Así o acordaron responsables das tres centrais nun encontro co alcalde de Vigo no que lle solicitaron continuar coas políticas keinesianas de xeración de emprego.

luns, 17 mar 2014
1395060519sindicatos.JPG
O alcalde avanzou a elaboración dun Código de desenvolvemento social da dignidade laboral das obras públicas de Vigo para velar polo reparto de horas de traballo, salarios dignos e o cumprimento das normas laborais. Así se acordou hoxe luns durante un encontro cos líderes dos tres sindicatos e os responsables de construcción de CIG, UGT e CCOO. Caballero explicou que os representantes dos traballadores lle solicitaron que lle traslade estes acordos, que xa está a aplicar o Concello nas súas obras, ás administracións autonómica e central.

Para a elaboración deste documento, manteránse reunións técnicas cos departamentos municipais de Fomento e Emprego, responsabilidade de David Regades e Santos Héctor, respectivamente. Durante a reunión, Caballero trasladoulles o compromiso do goberno local de seguir "coa política acelerada de investimento en humanizacións masivas de rúas porque isto supón emprego", ademais de elevar a dignidade dos veciños e veciñas. O alcalde reiterou que nas obras municipais xa se cumpren as peticións dos sindicatos de repartir o traballo xa que non hai horas extras, nin se traballan sábados ou domingos.
Descargar todas as imaxes