Vigo homenaxea o xoves 20 de marzo "aos homes e mulleres que viven no deporte na nosa cidade"
A Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, que na súa décimo-quinta edición premia aos e ás mellores de 2013, terá lugar o xoves 20 de marzo ás 20,00 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia. Este ano o evento contará cunha actuación da Escola de Arte Dramático.
O alcalde de Vigo avanzou que a Gran Gala do Deporte se celebrará o próximo xoves 20 de marzo a partir das 20,30 h no Centro Cultural Fundación. Un ano máis, e xa son quince, a cidade de Vigo quere "homenaxear ás mulleres e os homes que viven no deporte moi enraizado na nosa cidade", apostilou. Acompañado polos patrocinadores, Jaime Abellá, xerente do Faro de Vigo e Paz Comesaña, Caballero eloxiou a "cooperación imprescindible entre entidades nesta andaina conxunta".
O alcalde explicou que serán catro categorías: mellor deportista femenina 2013, mellor deportista masculino 2013, mellor promesa (sub 19) feminino de 2013 e mellor promesa (sub 19) masculina de 2013. Na competición absoluta hai 44 nominados -31 homes e 13 mulleres- o que supón, puntualizaou Caballero, un aumento de case un 40% das candidaturas respecto a hai dous anos. Tamén aumentaron as nominacións femininas nun 62,5% desde 2012. Respecto das nominacións promesa, hai 20 aspirantes, dos que 13 son homes e 7 mulleres.
Unha vez máis, haberá 14 mencións especiais a entidades, dirixentes, clubes e empresas. Entre as primeiras, atópanse: Vigo Rugby Club (25ª aniversario); Agrupación Deportiva Seis do Nadal (30º aniversario); Real Club Celta SAD (90 aniversario); Celta de Veteranos (Campeón de España por primera vez); Asociación Deportiva Famu. Judo (25º aniversario); Club Ciclista Vigués (30 aniversario).
Granitos Ibéricos SA e Selmark, serán as empresas recoñecidas, así como as personalidades José Manuel Pérez Sousa, presidente do Club de Loita Cidade de Vigo; e José Luis Rodríguez Acebedo, fundador del Di Som. Os deportistas merecedores dunha mención especial do ano 2013 son Paula Lago, Belén Gómez e Nairar Díez, do Flic Flac; e María Mariño, Club de Esgrima el Olivo.
A gala inclúe este ano un premio especial, neste caso para o colectivo arbitral de deportes de equipo e de modalidades individuais pola súa fundamental aportación ao xogo. Recollerán este premio no nome de todo o colectivo: David Pérez Pallas, colexiado de fútbol e María José Lestón, xuíza internacional de natación.
Outra das novidades desta edición deste ano será a actuación da Escola de Arte Dramático.
Descargar todas as imaxes