Escoitar

O Concello pon a disposición de persoas con discapacidade dúas vivendas municipais en Navia

A Xerencia de Urbanismo aprobou as bases da convocatoria para adxudicar dúas vivendas municipais en Teixugueiras (Navia) en réxime de aluguer. Estes dous pisos salen de novo a concurso unha vez que quedaron desertos no Programa de Realoxo de Desafiuzados polo que se cederon outras cinco vivendas.

venres, 14 mar 2014
O Concello deu luz verde as bases da convocatoria que rexirán a adxudicación das dúas vivendas municipais en Teixugueiras 17 (Navia) en réxime de aloxamento transitorio. Os destinatarios destes pisos son persoas ou unidades familiares nas que algún membro teña recoñecida a condición de persoa con mobilidade reducida de carácter permanente.

O procedemento establece un mes para presentar as solicitudes no Rexistro da Xerencia, a contar desde a publicación do acordo aprobado hoxe no BPO e no taboleiro de anuncios da Xerencia. O préstamo das vivendas das dúas vivendas será por 24 meses, prorrogables outros seis, se se manteñen os requisitos: rendas económicas iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM e patrimonio inmobiliario con valor catastral inferior a 30.000 euros. Os beneficiarios pagan comunidade e gastos, e 50 euros/mes a modo de garantía.

O Concello sacou a concurso as 7 vivendas de titularidade municipal dentro do Programa de Realoxo Transitorio para Desfiuzados, das que se adxudicaron cinco e as outras dúas son as que agora saen de novo a concurso, nesta ocasión destiñadas a persoas con discapacidade.

O rexedor explicou que nestes momentos, ademais dos desafiuzamentos dos bancos, a Xunta tamén está a deixar a xente na rúa e reiterou o compromiso do Concello, que está a asumir estas situacións. Neste punto engadiu que os orzamentos que nestes momentos están en trámite inclúen 700.000 euros no orzamento para axudar a estas familias, "a partida social máis importante na historia da cidade".

Asimesmo, na Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se deu conta da concesión de 13 licenzas de obra e 6 de actividade para un investimento total de 165.000 euros.