A xinecóloga Isabel Blanco recibirá mañá sábado o II Premio de igualdade Ernestina Otero
O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade entregarán mañá o II Premio de igualdade Ernestina Otero á xinecóloga Isabel Blanco. O galardón será entragado no transucurso dunha cea organizada no hotel Coia.
O II Premio de Igualdade Ernestina Otero recaerá este ano na xinecóloga Isabel Blanco que o recollerá nunha cea organizada mañá sábado no hotel Coia. O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade organiza estes galardóns con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres. Isabel Blanco é unha profesional da mediciña que ao longo da súa traxectoria amosou o seu grande compromiso coa defensa dos dereitos e da saúde das mulleres.