O Concello reunirá á organización da World Fishing para impulsar a edición de 2016 en Vigo
A tenente de alcalde, Carmela Silva, reiterou hoxe o compromiso do goberno local de impulsar á World Fishing Exhibition, "a feira vencella da á industria pesqueira máis influinte do mundo". Silva criticou o rexeitamento do PP no Congreso dos Deputados a garantir que este importante evento económico se organice en Vigo en 2016.
O goberno local convocará ao Comité Executivo da Word Fishing Exhibition para poner en marcha o proceso que permita organizar esta feira en Vigo no 2016. Así o avanzou hoxe xoves a tenente de alcalde, Carmela Silva, nunha rolda de prensa na que anunciou que os socialistas van seguir presentando iniciativas parlamentarias para conseguir que o goberno do PP apoie e financie este importante evento para a cidade.
Silva lembrou que o PP negouse a realizar as xestións e actuacións precisas, conxuntamente coa Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, para lograr acordos cos sectores económicos de Galicia, e, de xeito especial, co Comité Organizador. Tal e como explicou, o Partido Popular rexeitou una proposta de PSOE e BNG, ademais de negarse a debater unha Proposición non de Lei dos socialistas sobre a WFE.l
Na comisión de Agricultura do Congreso dos Deputados, Silva esixiu ao goberno central o apoio e financiación necesarios para a realización da IV Conferencia de Ministros de Pesca e a a segunda cumbre pesqueira. Neste senso, destacou que a WFE é unha feira vencellada á industria de pesqueira máis influinte do mundo, ademais de ser un polo de atracción mundial de todos os axentes económicos, sociais e políticos da pesca.
Descargar todas as imaxes