Escoitar

Comeza o Festival Alternativo de artes escénicas de Vigo "ALT'14"

A Concellería de Cultura e Festas colabora unha vez máis co Festival Alternativo das artes escénicas ALT'14, que terá lugar do 13 ao 16 de marzo, en distintos espazos de xestión municipal: auditorio municipal do Concello, Casa das Artes e salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro e cumpre trece anos dende o seu nacemento, contando co apoio municipal de forma ininterrumpida.

mércores, 12 mar 2014
1394622483alt.jpg
O programa do ALT'14 contará coa participación de artistas galegos, así como de Cataluña, Francia, Portugal, Brasil, Alemaña, Suiza ou Bélxica. Moitas das actuacións serán estreas absolutas ou ben a nivel Galicia, caso do primeiro espectáculo (xoves 13, 19:00 h en Casa das Artes) da galega Ana Vallés con "Teatro invisible".

O festival rematará o ciclo comezado no ano anterior co ALTprocrea en feminino, coa presenza de Mercé de Rande, e comezará un novo con Helen Bertels (programa doble en Casa das Artes, o domingo 16 a partir das 17:30 h).

Os prezos das entradas para cada espectáculo serán de 5 €, podendo adquirirse nos propios espazos dende 30 minutos antes do comezo de cada función, ou ben reservarse telefónicamente no 666.990.403.
Descargar todas as imaxes

Máis información