O goberno de Vigo eloxia a "mellor e maior calidade" dos servizos prestados pola Policía Local
O segundo tenente de alcalde e edil de Seguridade, Carlos Font, presentou este martes a memoria da Policía Local do 2013, que rexistra un incremento dos servizos prestados á cidadanía sobre o ano anterior e un descenso "moi importante" dos falecidos e feridos graves en accidentes. Font salientou a "satisfacción" do goberno local cun corpo que "cada vez presta un mellor servizo e de maior calidade".
Carlos Font detallou que a central de chamadas da Policía Local recibiu en 2013 un total de 30192 requerimentos que conlevaron 13500 actuacións (resoltas o resto vía telefónica) polas 11802 do ano anterior, "proba da atención" prestada polos axentes e do "maior hábito" cidadá de solicitar o seu traballo. Tamén responde ao maior número de servizos que presta hoxe a Policía Local, como na área medioambiental, por exemplo.
Os accidentes de tráfico sufriron un "pequeno repunte", pasando de 2700 a 3000 no 2013, aunque cunha baixada no número de feridos graves e falecidos. No pasado ano perderon a vida 4 persoas polas 10 do 2012 e 91 persoas resultaron feridas graves polas 62 do 2013. Carlos Font atribúe este bo dato "ás campañas de sensibilización e ás melloras en seguridade viaria" impulsadas desde o Concello, como os novos pasos e semáforos, os resaltes e pasos sobreelevados. No tocante aos atropellos, a cifra total apenas varía -226 no 2012 polos 235 de 2013- e si se detecta un descenso "importante" nos graves e nos falecidos, dous en 2013 polos cinco de 2012.
Outra área desglosada polo segundo tenente de alcalde foi as campañas de control de alcolemia e drogas realizadas pola Policía Local. 802 probas de alcol resultaron positivas -329 xudiciais (de máis gravidade) e 473 administrativas- e 3 dos 52 controis totais de drogas deron negativo.
Sobre a actuación policial no medioambiente e no entorno rural, Font afirmou que os datos son "moi positivos": no 2012 houbo 4208 acutaciones polas 2681 do pasado ano. Débese á "maior concienciación" cidadá e ten relación cos vertedeiros detectados pola Policía Local: 59 en 2012 e 33 no 2013.
O servizo Costa e Praia da Policía Local -servizo iniciado en Samil que hoxe opera na gran maioría dos areais vigueses durante o veran- en 2012 realizou 1834 actuacións polas 2190 do pasado ano, o que evidencia a "proximidade" dos axentes e a "confianza" depositada pola cidadanía na Policía Local, afirmou o concelleiro de Seguridade. Das 2190 nomeadas, 402 corresponderon a servizos humanitarios, como perda de nenos, maiores, indisposicións... No relativo á violencia de xénero, os axentes encargados da sección controlaron no pasado ano 227 ordes de afastamento.
Carlos Font explicou que a organización da Policía Local en diversas unidades procura a "especialización e atención concreta aos problemas" da cidadanía, sendo "produto de moitos anos de experiencia e traballo". O segundo tenente de alcalde salientou a "satisfacción" do goberno local cos 360 integrantes dun corpo "que cada vez presta un mellor servizo e de maior calidade".
Descargar todas as imaxes