Escoitar

Regades anuncia o comezo de obras en Hispanidad e o novo acceso a Navia

O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá de que ao longo de marzo e abril iniciaránse obras de abastecemento e saneamento en distintas zonas da cidade. Ademais de múltiples obras no rural, David Regades referiuse ao comezo das obras de Hispanidad e o novo acceso a Navia, onde tamén comeza a construcción dunha escola infantil.

luns, 10 mar 2014
1394459545regades.JPG
A humanización da rúa Hispanidad (entre Gran Vía e Zamora) e o novo acceso a Navia desde a glorieta da VG20 son algunhas das obras que arrancarán na cidade ao longo das próximas semanas. Así o avanzou hoxe o concelleiro de Fomento, David Regades, quen ademais de mencionar o inicio da escola infantil de Navia, degranou os traballos que se van a acometer en todas as parroquias: rúa Jenaro de la Fuente; Ferreiros en Bouzas; rúa Moaña, Areal. Tamén a rede de saneamento en Teis, así como en numerosas zonas do rural: Pedreira; Cesareo Vázquez; Pinal; acceso ao antigo Concello de Lavadores; Falcoa; Camiño Fondo; Igrexa de Coruxo; Moledo; Goleta; Carballal. Durante a rolda de prensa, avanzou melloras hidráulicas na zona de Parada, baixada á Ponte Nova, Camiño Romeu; estrada Fragoselo; Montealba; rúa Sa; Leonardo Alonso, Avenida Tranvía; Severino Cobas; Heraclio Botana; Cachamuiñas; San Amaro; Don Quijote; Ricardo Portela; Sergio Saborido; Juan Ramón Jiménez e Inés Pérez de Zeta.

A estas obras hidráulicas espalladas por toda a cidade, Regades engadiu obras a punto de rematar, cun nivel de execución do 90%, entre as que mencionou: Nicaragua, Martínez Garrido; Menéndez Pelayo; Aragón; praza de Bouzas; Anduriña; Parque Tecnolóxico de Valadares; Isabel II, Areal, Rosalía de Castro ou a humanización do contorno da igrexa de Zamáns.
Descargar todas as imaxes