Escoitar

O 14 de marzo arranca o prazo para solicitar as 546 prazas das escolas infantís municipais

As seis escolas infantís en marcha nestes momentos ofertarán para o curso que ven 546 prazas, ás que habrá que sumar outras 100 do centro de Mestres Goldar que, segungo avanzou o rexedor, tamén funcionará a partir de setembro, unha vez rematados pequenas obras pendentes na construcción. O prazo de solicitude estenderase desde o 14 de marzo ao 4 de abril.

venres, 7 mar 2014
1394196869Imagen005.jpg
O prazo de inscripción para as escolas infantís municipais arranca o próximo venres 14 de marzo e remata o 4 de abril e os formularios están dispoñibles nos propios centros, no servizo de Educación do Concello e na web municipal. A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais, con prezos que non aumentaron desde o ano 2007. Tal e como precisou o rexedor, esta contención das taxas fan que os prexos promedios dunha guardería da Xunta duplique os dun centro municipal.

As seis escolas en funcionamento ofertan 546 prazas (un 81% máis que en 2007), unha cifra á que haberá que sumar a partir de setembro as 100 vacantes de Mestres Goldar. A este respecto, Caballero garantiu que este centro abrirá as súas portas en setembro para o que se abrirá unha convocatoria extraordinaria, unha vez que se rematen obras menores pendentes. Tamén mencionou neste punto a escola de Navia, en construcción, cun orzamento de 772.672,79 euros.

Respecto dos horarios, lembrou que a quenda de mañá vai de 07,30 a 15,45 h e o da tarde, 16,00 a 20,00 horas. Existe ademais no centro de Saiáns un horario continuo para un maior aproveitamento deste equipamento e unha mellor adaptación á demanda das familias. Tamén destaca a posibilidade de solicitar praza para aqueles nenos e nenas aínda non nacidos no periodo de solicitudes que marca a norma autónomica (sempre que se incorporen teñen un mínimo de tres meses).

Humanizacións
Na mesma rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta da aprobación dos costes asociados das obras do proxecto de renovación de redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis. Cun orzamento de 772.672 euros, actuarase nas seguintes rúas: Avenida Marina Española, Oliveira de Abaixo, Toural de Abaixo, Coutadas, Espiñeira e Camiño de Cancelo. O rexedor enmarcou estas obras na previsión municipal de investir ese ano en Teis 2,4 millóns. Nos últimos seis anos, precisou, esta cifra elévase a preto de 11 millóns.

Asimesmo, deuse conta da tramitación do expediente de renovación da rede de abastecemento de Jenaro de la Fuente, entre a rúa Toledo e Aragón. As obras, que comazarán o luns 10 de marzo, comprenden a renovación do abastecemento e humanización do tramo que vai do número 42 ao 56. O prazo de execución é dun mes.
Descargar todas as imaxes