Escoitar

Abre o prazo de inscricion para os obradoiros " UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS " e "A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA"

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 7 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. <br /> <br />

xoves, 6 mar 2014
" UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS "
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos:
Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema das Vangardas Europeas dun xeito persoal e íntimo.
Empregar os medios plásticos como ferramenta para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización externa.
Explicar o papel da muller neste contexto e o seu valor artístico na historia das vangardas.

Datas: todos os xoves desde o 20 de marzo ata o 19 de xuño.
O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Horario: de 18:00h a 21:00 h.

"A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA"
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa.

Datas: todos os martes desde o 25 de marzo ata o 3 de xuño.
O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Horario: de 10:00h a 12:00 h.