venres, 7 mar 2014
As seis escolas infantís en marcha nestes momentos ofertarán para o curso que ven 546 prazas, ás que habrá que sumar outras 100 do centro de Mestres Goldar que, segungo avanzou o rexedor, tamén funcionará a partir de setembro, unha vez rematados pequenas obras pendentes na construcción. O prazo de solicitude estenderase desde o 14 de marzo ao 4 de abril.
venres, 7 mar 2014
O Salón de Plenos do Concello acolleu este venres unha sesión específica do Consello Municipal da Muller coa que se abriron os actos programados polo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Entidades integrantes do Consello abordaron cuestións como a sanidade, a dependencia, a familia, a pobreza, a educación ou o dereito a decidir, entre outras.
venres, 7 mar 2014
Carmela Silva e Cayetano Rodríguez presentaron xunto a Lola Correa, directora artística do Festival, a décimo terceira edición do Festival, que se celebrará do 13 ao 16 de marzo en distintos espazos municipais. O Concello colabora co ALT desde o seu inicio hai trece anos.
BANDO ENTROIDO 2014
venres, 7 mar 2014
Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 1 de marzo, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 9 de marzo ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII: