xoves, 6 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o responsable de ACOPOVI, Enrique Lorenzo, presentaron hoxe xoves a oitava edición do Festival de Habaneiras e Polifonía Cidade de Vigo, que se traslada ao Auditorio Mar de Vigo. 39 corais actuarán de balde do 9 de marzo ao 1 de xuño e o goberno local disporá un servizo especial de autobuses.
xoves, 6 mar 2014
O Concello de Vigo, mediante o departamento de Cultura e Festas, colabora no concerto de Damien Jurado, que terá lugar o venres 7 de marzo, ás 21:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), organizado por Categórica Produccións.
xoves, 6 mar 2014
Esta fin de semana péchase no MARCO unha fase do ciclo ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine que se ven desenvolvendo en paralelo á exposición VERANEANTES, cunha actuación conxunta de Fon Román e Pablo Fidalgo, e un concerto de Fon Román, ambos os dous no salón de actos.
xoves, 6 mar 2014
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 7 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. <br />
<br />