Concerto de DAMIEN JURADO no Auditorio Municipal
O Concello de Vigo, mediante o departamento de Cultura e Festas, colabora no concerto de Damien Jurado, que terá lugar o venres 7 de marzo, ás 21:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), organizado por Categórica Produccións.
Falar de Damien Jurado é facelo dunha das figuras máis relevantes do folkrock americano no que levamos de século. Con tótems coma Neil Young ou Nick Drake como referentes, o artistas de Seatle foi gañando seguidores no noso país disco tras disco para descolgarse da etiqueta de artista de culto, gozando hoxe en día dunha reputación e dun amplo interese por parte de crítica é público.
"Brothers and Sisters of The Eternal Sun" convírtese no undécimo disco de estudio de Damien Jurado desde que debutara en 1997 con "Water Ave S.". O álbum inclúe dez novos temas que se poden interpretar como a continuación do fantástico son do seu anterior traballo "Maraqopa" (2012), polo que acadou grandes recoñecementos da crítica. A referencia a esas composicións abertas e con toques de psicoldelia é pano de fondo durante a súa escoita e ademais faina directa no título da súa terceira canción "Return To Maraqopa".
Con esta nova aposta, pódese afirmar que o artista de Seattle abriu definitivamente as portas do seu repertorio e asumiu riscos dun xeito máis que existoso, cunha música que axita e sorprende. Un xiro retro e de percusión, que se completa no seu directo, cun impacto ascendente na súa posta en escena, que xa se comezou a comprobar na súa anterior xira. Co seu último traballo, afiánzase todavía máis, se cabe, como unha referencia ineludible na música popular contemporánea, sendo este traballo catalago pola crítica dende xa coma un dos mellores do 2014.
Neste concerto de Vigo, Jurado contará con Courtney Marie Andrews como artista convidada. Orixinaria de Phoenix (Arizona), presenta os temas do seu quinto traballo de estudo "On My Page", que evocan unha mistura entre os versos de Fiona Apple e a pegada de Elliott Smith.
As entradas están á venda no servizo de Servinova (www.servinova.com; 902.504.500) a un prezo de 12€; no despacho de billetes, o día do concerto, serán a 15€.
Descargar todas as imaxes