Escoitar

VIDEOFORUM DA REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS

Reinícianse as actividades do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo coa proxecion da película "La fuente de las mujeres" / Dir. Radu Mihaileanu o xoves, 6 de marzo 2014, ás 18.00 h.

mércores, 5 mar 2014
SINOPSE:Nun pequeno pobo, nalgún lugar entre o norte de África e Oriente Medio, a tradición esixe que as mulleres busquen auga na fonte que nace noalto dunha montaña, baixo un sol ardente. Leila, unha xove casada, propón ao resto de mulleres unha folga de sexo: no manterán relacións sexuais ata que os homes colaboren no traslado da auga ata a aldea.