Escoitar

O Concello regularizou a situación case mil vivendas ilegais nos últimos sete anos

A tenente de alcalde, Carmela Silva, destacou hoxe que Vigo "é unha cidade legal, na que se acabaron as irregularidades urbanísticas "herdadas" de épocas pasadas que poñían en risco o patrominio público e a seguridade das persoas que investían os seus cartos en vivendas declaradas ilegais polos tribunais. Enfatizou que nos últimos sete anos regulouse a situación de case mil vivendas "pola vía de impoñer aos infractores o cumprimento da norma".

mércores, 5 mar 2014
1394026766urbanismo.JPG
En Vigo remataron os tempos nos que as ilegalidades urbanísticas poñían en risco ás arcas municipais pola responsabilidade patrimonial admais de supoñer unha seria preocupación para os cidadáns. A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, explicou que desde hai sete anos o obxectivo do goberno local era que Vigo fora unha cidade legal desde o punto de vista urbanístico e hoxe somos "unha cidade capaz de regularizar pola vía de impoñer aos infractores o cumprimento da norma.

Durante a rolda de prensa, precisou que se regularizou a situación de preto de mil vivendas, ademais de centros comerciais ou gasoliñeiras. Concretamente, na rúa Coruña, números 76 e 78, en Chano Piñeiro 1,3,5,7,9 y 11 (Jacinto Benavente). Regulouse a situación de 178 viviendas e 4 sotos de aparcamento con obras de adaptación á normativa: axustes en aparcamentos, portais e elementos contraincendios); Torres Ifer-García Barbón, 62: 78 viviendas y obras distribución de espazos comúns e vivendas; Canido-Porto: 12 vivendas adosadas, con obras de axardinamento de parcelas e distribución de sotos e reformas; 56 vivendas en Torre Quiroga con obras de cambios de distribución interior e redestribución de aparcamentos; 228 vivendas de 2 edificios en Finca do Conde (reconfiguración de espazos comúns, demolicións en sotos e outras obras de adaptación á normativa); 106 vivendas en Colina de Castrelos, con obras de demolición parcial de cubertas, obras en fachada, entre outras).

Tamén se regularizou a situación da gasolineira do aeroporto ou o Centro Comercial Gran Vía, estas obras de adaptación á normativa están nestes momentos en marcha. Citroën tamén adaptou a súa normativa contra incendios, acústica, actualización, modificación e axuste de naves.

En Samil, Casal Carreiro, con obras adaptación aparthotel: cambios cubierta, espazos comúns, reformas e Comunidade de propietarios ( antes Inmob. GYM): adaptación a actividade de apartotel. Engadiu Carmela Silva as 209 vivendas de Rosalía de Castro, precisando que restan por regularizar 5 edificios dunha vivenda con garaxe común, que están a tramitar a documentación.
Descargar todas as imaxes