Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 6 mar 2014

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE MARZO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de febreiro de 2014.

BENESTAR SOCIAL
2.- Bases e convocatoria específica par aa concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades na Área dos Servizos Sociais no ano 2014. Expte. 89921/301.

CONTRATACIÓN
3.- Exclusión de oferta e novo requirimento no procedemento para a contratación dos servizos de vixilancia de seguridade e mantemento de instalacións de seguridade en centros e actividades da Rede Museística e Expositiva. Expte. 457/341.

4.- Toma de razón da constitución de sociedade para a explotación do contrato de xestión do Polideportivo de Navia. Expte. 12242/333.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
5.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados no Servizo de Festas durante o mes de decembro de 2013. Expte. 5495/335.

6.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados no Servizo de Festas durante o mes de xaneiro de 2014. Expte. 5496/335.

7.- Dar conta da relación de contratos menores tramitado no Servizo da Área de Cultura, Festas e Museos no mes de xaneiro de 2014. Expte. 305/330.

EDUCACIÓN
8.- Normas para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís municipais para o curso 2014/2015. Expte. 15833/332.

EMPREGO
9.- Subsanación de erro e modificación do número de postos de oficial electricista da relación de prazas a convocar para o programa de inserción laboral "Vigo Emprega 2014" . Expte. 10831/77.

OSPIO
10.- Proxecto para a "renovación de redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis, Fase 1". 2519/443.

PATRIMONIO HISTÓRICO
11.- Modificado nº 1 do Proxecto Básico e de execución da rehabilitación do antigo Chalet Mirambell como centro de recepción de visitantes da Villa romana de Toralla. Expte. 7198/307.

RECURSOS HUMANOS
12.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de dun/dunha Auxiliar de Administración Xeral. Expte. 24839/220.

13.- Domingos, festivos e noturnidade do persoal dos distintos servizos correspondentes ao mes de Xaneiro-2014. Expte. 24924/220.

14.- Proposta para reiniciar as aportacións por parte do Concello de Vigo ao vixente Plan de pensións. Expte. 24810/220.

15.- Axudas Socio-Sanitarias 2014-1ª Fase. Expte. 24975/220.

16.- Gastos de Locomoción Outubro-2013, decembro 2013 e Xaneiro-2014. Expte. 24930/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de setembro-2013 e xaneiro-2014. Expte. Nº 24909/220.

18.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por traballar o 24 e 31 e decembro de 2013 do persoal dos distintos servizos. Expte. 24902/220.

19.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de Xaneiro-2014. Expte. Nº 24907/220.

20.- Complemento de produtividade por xornada partida do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Xaneiro-2014. Expte. Nº 24906/220.

21.- Dar conta de resolucións do concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Resolución de data 23.02.2014, de adscrición de diversos funcionarios a postos vacantes. Expte. 24922/220.

b) Resolución de data 27.02.14 aceptando da renuncia presentada por dona Carmen Vázquez Domínguez, enxeñeira técnica industrial. Expte. Nº 24944/220.

c) Resolucións de autorización horas extras 1º trimestre-2014 dos servizos de Limpeza, Transportes, Museos, Parque Móbil, Taller Vías e Obras, Parque Central, Ospio, Desinfección e Inspección Vías e Obras. Expte. 24967/220.

d) Resolución de data 24.02.14 de adaptación de posto de don Severino José Fernández Alberte do Servizo de Montes, Parques e Xardíns. Expte. nº 24871/220.

SERVIZOS
22.- Proposta de aprobación dos custes asociados das obras do proxecto "Renovación das redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis. Fase 1". Expte. 2370/440.

VIAS E OBRAS
23.- Devolución de fianza a favor da Comunidade de Propietarios Pintor Laxeiro nº 11. Expte. 70706/250.

XUVENTUDE
24.- Indemnizacións substitutiva por importe de 13.718,29€ a favor da Fundación de Estudos e Análise FESAN pola prestación do servizo de atención a nenos e nenas nas ludotecas da Casa da Xuventude e Pavillón de Coia- xaneiro 2014. Expte. 4143/336.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de marzo de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 6 de marzo de 2014.

ALCALDÍA A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
PD. XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Mª Carmen Silva Rego Dª. Mª Jesús Lago Rey.