O Pleno do Consello Municipal inicia os actos programados polo Día Internacional da Muller
O Salón de Plenos do Concello acolleu este venres unha sesión específica do Consello Municipal da Muller coa que se abriron os actos programados polo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Entidades integrantes do Consello abordaron cuestións como a sanidade, a dependencia, a familia, a pobreza, a educación ou o dereito a decidir, entre outras.
Carmela Silva e Isaura Abelairas, tenente de alcalde e edil de Igualdade do Concello, iniciaron as quendas de palabra dunha sesión plenaria que deu comezo á programación elaborada para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, este ano baixo o lema "Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto", cuestión esta última que centrou boa parte das intervencións.
Luisa Ocampo, vicepresidenta do Consello e representando á Mulheres Nacionalistas Galegas, abordou na súa comparecencia a situación da sanidade; Elena Rodríguez, secretaria da Muller de Comisións Obreiras, tratou sobre a dependencia; e Luz Iglesias, de Viúdas Democráticas de Vigo, afrontou a temática da pobreza actual.
Sobre educación e mocidade manifestáronse respectivamente Ángeles Arias, secretaria da Muller da UXT, e Raquel Doval, da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos. Ana Pérez, da vogalía de Muller da FAVEC, referiuse ao enxudiciamento civil. As dúas últimas intervencións correron a cargo de Mercedes Fernández, da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, e de Mónica Bar, de Feministas Independentes Galegas, sobre o dereito a decidir e a familia, respectivamente.
Os actos programados continúan mañá sábado, 8 de marzo, a xornada central coa celebración da Festa pola Igualdade na Praza da Constitución, presentada e dinamizada por Ana Carreira. De 17 a 19:30 horas haberá un espazo lúdico de Igualdade con xogos para nenos e nenas, ás 21 horas a música tradicional do grupo Tanxedoras e ás 22 horas a lectura do manifesto do Consello Municipal da Muller, tras o cal se iniciará o concerto de blues e canción de autora a cargo de Sés.
O próximo venres, 14 de marzo, ás 22 horas, será o turno da entrega do II Premio de Igualdade "Ernestina Otero", desta volta para a xinecóloga Isabel Blanco Domínguez. O nomeado galardón, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade, entregarase no Hotel Coia.
Ademais, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros/as de Vigo Vello, desde o 28 de febreiro ata o 9 de marzo poderanse degustar nos establecementos do casco histórico as "tapas pola igualdade", a dous euros.
Descargar todas as imaxes