Escoitar
BANDO ENTROIDO 2014

Desfile de comparsas e carrozas, domingo, 9 de marzo ás 17,00 horas

Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 1 de marzo, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 9 de marzo ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII:

venres, 7 mar 2014
Doming, 9 de marzo:
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 17,00 horas e percorrerá as rúas de García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.
A partir das 16,00 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido.

Desviacións:

Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.
Queda pechado ao tráfico o acceso dende a rúa de López de Neira por rúa de Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa da Coruña e Bouzas.
Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Afonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa de Cervantes.
Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa de Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
Aconséllaselles aos vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para chegar ao seu destino.
Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Afonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa de Urzaiz.
Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
Os vehículos que circulen pola rúa do Areal desviaranse pola rúa de Porto e rotonda da "Paelleira".
Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro desviaranse pola rúa de Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa do Arenal dirección plaza de Compostela.
Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.


Peches de tráfico:
Os cortes produciranse en:
García Barbón-Sanjurjo Badía.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Colón-Marqués de Valladares
Paseo de Afonso XII
López de Neira-Doutor Cadaval
Afonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzaiz-México
Urzaiz-Vázquez Varela
Serafín Avendaño-Rosalía de Castro
Serafín Avendaño-Areal
Miragaia-Rosalía de Castro
Miragia-Areal
Porto-Rosalía de Castro
Canceleiro-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa da Coruña.
Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás a quen teña o seu destino nela ou ós usuarios a autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada.

Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzaiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
No caso de perdas de nenos/as, hai que dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Afonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais

Evitar o uso dos vehículos particulares.
Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa de García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
O acceso das comparsas e carrozas ao lugar de concentranción realizarase preferentemente dende a rotonda de Julián Estévez.
Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da organización.