Bases do "III Festival Primavera do Cine en Vigo"
A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 4 e o 8 de xuño.
oderán optar á exhibición e participación en concurso as obras audiovisuais feitas en Galicia ou por galegos, dende os comezos do noso audiovisual. As seccións en competencia serán as seguintes:
- Longametraxe (ficción, documental ou animación) maior de 30 min.
- Curtametraxe (ficción, documental ou animación) menor de 30 min.
- Videoclips.
Os materiais que se exhiban deberán ser en lingua galega, castelá ou ter subtítulos a unha de ambas linguas, e terán unha duración entre 30 segundos (mínimo) e 120 minutos (máximo). As producións deberán remitirse por correo electrónico ("primaveradocine@reencanto.com") ou correo postal (apartado de correos 6016 CP 36210 Vigo), antes das 00:00 h do 31 de marzo. A inscrición é de balde.
Descargar todas as imaxes