Exposicion "Hijas de J.Nieto: un oficio singular, fabricantes de símbolos"
O Museo Liste acolle unha a exposición temporal "Hijas de J.Nieto: un oficio singular, fabricantes de símbolos" no que se propoón un percorrido a través do proceso de elaboración dos selos de caucho máis representativos da industria viguesa e da súa área de influencia.
A exposición acolle o mobiliario e os útiles de traballo procedentes do obradoiro "Hijas de J. Nieto", fábrica de selos de caucho que tivo a súa sede durante tres xeracións de traballadoras na céntrica rúa de Eduardo Iglesias. O obxectivo da exposición non se limita á mera presentación do oficio, senón a mostrar o seu vencello coa historia da cidade, retomando, deste xeito, o Museo o seu empeño na recuperación do patrimonio in dustrial de Vigo.
A exposición pódese visitar ata o 30 de xuño de 2014.
Descargar todas as imaxes
A exposición pódese visitar ata o 30 de xuño de 2014.