47 aspirantes competirán no Concurso Internacional da Camelia que cumple 50 anos
O 50 Concurso Expoosición Internacional da Camelia de Vigo contará con 47 participantes que exhibirán os seus exemplares no Auditorio Mar de Vigo os próximos 15, 16 e 17 de marzo. Este ano, como novidade, prantarase unha nova variedade desta flor na avenida viguesa que leva o nome e que o Concello ven de rexistrar baixo a denominación de "camelia olívica".
O Auditorio Mar de Vigo acollerá os próximos 15, 16 e 17 de marzo o 50 aniversario do 50 Concurso Internacional da Camelia, un evento que edición tras edición alterna a súa sede entre Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. Tal e como explicou o concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, este ano participarán 47 aspirantes procedentes da nosa cidade e doutros moitos puntos de toda Galicia. Unha das novidades deste certame será a plantación na avenida viguesa que leva o nome desta flor dun exemplar da camelia "cidade de Vigo, así como a dunha nova variedade que ven de rexistrar o Concello e que levará o nome de "olívica". Deste xeito, explicou, "conseguiremos ter un lugar referenciado para os camelios que dan nome a esta cidade". Esta actuación enmárcase, asimesmo, nunha serie de plantacións que se están realizando no Castro e Castrelos con distintas especies de camelias, que representan a distintos países orixinarios desta flor.
A superficie expositiva no Auditorio Mar de Vigo será de 300 metros cadrados e haberá 11 categorías: camelia de ouro; camelia reticulada de cualquera color ou variedade; camelia japónica blanca; japónica rosada u outros cores; japónica vermella; japónica jaspeada; outras especies de camelia; mellor presentación artística; premio especial Antonio Odriozola; e premio especial da Sociedade Española da Camelia. Rivas explicou que haberá 21 premios en distintas categorías e todos os participantes recibirán un diploma e un camelio conmemorativo.
Durante estes tres días, organizaránse actividades paralelas para complementar el desenvolvemento deste concurso exposición. Haberá concursos de escaparates para fomentar o comercio e coa temática da camelia; danza acrobática; actuacións musicais; exposicións fotográficas de consursos-exposicións diferentes. Ao mesmo tempo, organízase o 7º encontro de palilleiras con máis de 500 artesanas que farán unha demostración do seu traballo.
Pola súa banda, o segundo tenente de alcalde, Carlos López Font, explicou que Vigo é un referente da camelia con máis de 9 quilómetros de camelios nas súas rúas. Tamén destacou a presencia do Matusalen das Camelias nun dos nosos xardíns históricos.
Descargar todas as imaxes