Escoitar
En colaboración coa Galería Montenegro

A Fundación Laxeiro inaugura a segunda entrega do ciclo Os Novos coa mostra "Arturo Souto, nove óleos sobre lenzo"

No seu conxunto, a exposición mostra as diversas liñas de traballo que caracterizan a obra de Souto: a estética granítica, o tratamento da luz e a cor, as composicións complexas con primeiros planos e<br /> perspectivas en fuga, a combinación entre escenas de interior e de exterior nunha mesma obra e a esquematización dos personaxes.

mércores, 12 mar 2014
1394628452ArturoSouto.jpg
Se en 2013 era Manuel Colmeiro quen Inauguraba o ciclo cunha selección de obras sobre papel de pequeno formato, pertencentes á súa primeira época, na que se mostraron por primeira vez algunhas pezas inéditas, nesta ocasión o artista elixido é Arturo Souto (Pontevedra, 1902 - México 1964), un artista que desempeñará un papel importante na configuración do que se chamou a estética granítica, un concepto que serviu para definir a forma de pintar dos Renovadores no primeiro terzo do século XX e
que tivo continuidade en anos posteriores de forma diferente en cada autor do devandito grupo.

A obra que se mostra nesta exposición, lonxe de consistir en bosquexos e debuxos preparatorios, como sucedeu coa exposición de Manuel Colmeiro antes mencionada, está formada por nove óleos sobre lenzo, datados entre 1930 e 1962. Trátase, por tanto, de obras moi destacadas dentro da traxectoria do artista, moitas delas profusamente documentadas en diversas publicacións que son xa parte da imaxe de marca deste singular pintor.
Descargar todas as imaxes

Máis información