FALADOIRO no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
O mércores, 12 de marzo ás 19:00 horas nova sesión de FALADOIRO sobre o TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: "Mulleres (e homes) na época moderna. Da garçonne á pin-up" Con... Mercedes Expósito García, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.<br />
Sinopse: Un traballo de Mercedes Expósito García que analiza cómo as grandes transformacións históricas determinan a maneira de entender os prototipos de masculinidade e feminidade...
A Primeira Guerra Mundial e a Segunda constitúen dous episodios fundamentais para comprender as novas formas de entender a masculinidade e a feminidade. Na primeira, explica a autora, xérase unha figuración de muller independente –a garçonne– mentres que na segunda aparece outra que garda relación cunha época anterior, a vitoriana, e que conleva un retorno da submisión e a dependencia respecto ao home: a pin- up. "O primeiro caso supón un claro precedente para a actual crise de identidades de xénero e o segundo unha vontade de restablecer a orden dun eterno feminino e un eterno masculino ben delimitados", sentencia Expósito. Por tanto, conclúe, "lonxe das teses que defenden a idea dun progreso histórico sempre en marcha cara adiante", a Historia das mulleres e as súas loitas pola cidadanía e o recoñecemento da súa humanidade "componse tamén de correntes contrarias que levan ao estancamento, e incluso a involución e o retroceso".
Descargar todas as imaxes