Escoitar

Galiexpo Motorshow volve ao IFEVI co patrocinio do Concello de Vigo

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, definiu este mércores o salón –que se celebrará do 4 ao 6 de abril- como un "acontecemento de primeiro relieve" que aúna aspectos "lúdico e deportivo en torno ao motor". Por cinco euros, a cita congregará vehículos tuning, clásicos, 4x4, coches americanos, náutica, motos e quads, ademais de espectáculos como o PowerDrift Indoor.

mércores, 12 mar 2014
1394629241P3136040.JPG
Joaquín Portabales, organizador do Galiexpo Motorshow, agradeceu o apoio de colaboradores e patrocinadores da oitava edición do salón, en particular "a implicación" do Concello de Vigo, "fundamental para que este evento se poida realizar".

Accesorios e recambios, equipos de audio, vehículos tuning, clásicos e 4x4, coches americanos, motos, quads e náutica deportiva estarán representados neste evento que ocupará 9.000 metros cadrados do IFEVI, xunto a un espazo infantil. A zona de espectáculos, de 7.000 metros cadrados de superficie, contará coa pasarela de novos deseñadores, animacións musiciais e o PowerDrift Indoor.

Portabales avanzou algunhas das novidades deste ano, como un tapizado do exterior dun coche en directo, estará o campión mundial da aerografía pintando un vehículo en directo e, na zona tuning, estará exposto un coche con jacuzzi dentro.

A organización agarda sumar este ano os 55.000 visitantes do 2013, nun evento "moi importante" para Vigo, escaparate do motor no noroeste peninsular, pola afluencia de visitantes e o volume de negocio que xera. As entradas, a cinco euros, xa están á venda a través de Novagalicia Banco e da web de Galiexpo.
Descargar todas as imaxes