Escoitar

O goberno local reforma a praza da igrexa en Bouzas e recupera 400 metros cadrados de praia

O alcalde visitou este venres a praza no Paseo Paz Andrade, xunto á igrexa de Bouzas, unha vez concluída a reforma efectuada polo Concello cun investimento próximo aos 300.000 euros. Caballero salientou que a renovación deste espazo permitiu gañar 400 metros cadrados da praia.

venres, 14 mar 2014
1394800405andrade.JPG
O Concello de Vigo rematou recentemente a reforma da praza no Paseo Paz Andrade, en Bouzas, xunto á igrexa, unha mellora á que adicou 293.000 euros e permitiu a recuperación de 400 metros cadrados de praia.

Segundo explicou Caballero ante os medios de comunicación, o goberno local reparou coa obra o pavimento de pizarra, dispuxo granito na zona central da praza, recuperou as farolas do estilo da antiga vila de Bouzas, deu continuidade ao carril bici e ao paseo, e creou 330 metros cadrados de novos espazos axardinados.

"Estamos diante dun traballo necesario, estaba moi deteriorado", indicou Caballero sobre o entorno da igrexa, e apuntou que "incomprensiblemente" unha parte da praia estaba tapada. "En Bouzas, neste momento estamos a facer investimentos por máis de dous millóns de euros", indicou Caballero.
Descargar todas as imaxes