O Concello aproba o proxecto de humanización dun novo tramo da rúa Areal
A reforma afectará ao treito comprendido entre o número 106 de Areal e a confluencia coa rúa Miragaia, segundo explicou este venres Caballero. A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto dunha obra que se acometerá en dous meses cun orzamento de 60.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local, entre os que salientou a aprobación do nomeado proxecto de humanización de Areal, entre o número 106 e a confluencia coa rúa Miragaia, que se acometera por un importe de 60.000 euros.
A reforma dos 36 metros de lonxitude deste treito terá unha duración de dous meses e executará colectores de fecais e pluviais, beirarrúas de granito e adaptadas á normativa vixente en materia de accesibilidade, sumará arborado, xardineiras e iluminación acorde á xa instalada en Areal, soterrando ás canalizacións das luminarias e os semáforos.
Achega ao MARCO
O alcalde de Vigo tamén informou da decisión de abonar un primeiro pago de 200.000 euros á Fundación MARCO para as actividades do recinto cultural no 2014.
Caballero recordou que a Xunta de Galicia reducíu paulatinamente as súas achegas, pasando de 300.000 euros do 2010 aos 140.000 para 2013 e 100.000 euros orzamentados para o presente ano; o Ministerio de Cultura tamén recortou a subvención ao MARCO dos 100.000 euros de 2010 a 48.730 euros de 2014. A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, abandonou a súa participación no Museo vigués en decembro de 2011.