Caballero define EXplurART como unha "marca notable no desenvolvemento cultural da cidade"
Este venres, o alcalde participou na presentación da segunda edición da Exposición Plural das Artes, organizado polo Conservatorio Superior de Música, co patrocinio de NovaGalicia Banco e o Concello de Vigo. Do 24 de marzo ao 9 de abril, e con entrada gratuíta, Vigo acollerá máis de 15 estreas en representacións musicais, de danza e instalacións.
Durante a presentación ante os medios, Abel Caballero eloxiou a función do Conservatorio Superior de Música de Vigo, organizador do EXplurART, tanto desde a perspectiva formativa como de proxección pública da cultura na cidade.
A segunda edición da Exposición Plural das Artes celebrarase do 24 de marzo ao 9 de abril con presenza de artistas da Escuela Superior de Arte Dramático, da Facultade de Bellas Artes da Universidade de Vigo, do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, da Escola Audiovisual de Vigo e do propio Conservatorio Superior de Música de Vigo.
O vicedirector do Conservatorio, Rafa Yebra, definiu este evento como un "espazo no que poden converxer todas as posibles expresións artísticas", como a música, a danza e as instalacións, incluíndo asemade máis de quince estreas na cidade. Yebra agradeceu o patrocinio de Novagalicia Banco e do Concello de Vigo e invitou á cidadanía a presenciar algúns dos espectáculos programados, na súa maioría, no Auditorio Martín Códax da cidade, con entrada gratuíta.
Descargar todas as imaxes