xoves, 20 mar 2014
Se o tempo o permite, o Concello iniciará o plan de asfaltados o 31 de marzo na rúa Saa e continuará con Portoloureiro, Pontenova, Monte Alba, Leonardo Alonso, Fragoselo e Camiño Romeu, entre outras obras nas parroquias. O alcalde avanzou que o 22 de abril comezará en Tomás Paredes a mellora doutros 13 viais no casco urbano.
xoves, 20 mar 2014
O máximo responsable da factoría de Balaídos de PSA Peugeot Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina, será o encargado de redactar e dar lectura ao Bando da Reconquista deste ano. Abel Caballero explicou que a elección "simboliza ao conxunto do sector da automoción" da cidade.
xoves, 20 mar 2014
O alcalde inaugurou este xoves as IV Xornadas "Vigo e o seu Futuro" a cargo da Fundación ProVigo, unha mesa de debate cos responsables do sector terceiro para visualizar o futuro da hostelería, o turismo e comercio. "Levaremos adiante o proxecto que saia dese gran debate", apuntou Caballero.
xoves, 20 mar 2014
O alcalde presentou o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe que esta fin de semana achegará ao Pavillón de As Travesas a máis de 600 deportistas. Organizado polo Coruxo FC coa colaboración do Concello de Vigo, este evento deportivo -clasificatorio para o torneo europeo- reunirá a 42 clubes procedentes de toda España.
xoves, 20 mar 2014
O goberno de Vigo, a través do departamento de Cultura e Festas, coopera co concerto do grupo aCadaCanto, que canta a Rosalía de Castro nun espectáculo que acollerá o Auditorio Municipal do Concello, este sábado 22 de marzo ás 21:00h.
xoves, 20 mar 2014
O xoves, 20 de marzo no Centro de Documentación e Recursos Feministas ás 19.00 horas terá lugar a presentación do libro "As mulleres da conserva" de Fernando Cuñarro Pintos (dir.) Asociación Cultural A Cepa (Cangas). Interveñen: X. Luis Lorenzo "Colón" (responsable do arquivo fotográfico da Cepa) e Carmen Sotelo Gutierrez e Francisca Meira, traballadoras na fábrica de Massó durante os últimos 20-25 anos da citada empresa.