martes, 18 marzo 2014

O alcalde presenta unha tarxeta solidaria que substitúe aos cheques sociais de alimentos

Os cheques municipais para axudas de emerxencia de alimentos serán substituídos por tarxetas de crédito coas que os usuarios poderán comprar comida e productos de hixiene de primeira necesidade en calquera establecemento da cidade. Tal e como explicou o rexedor, este novo instrumento significa "dignidade e discreción" para os beneficiarios que serán persoas sen ingresos. No 2013, o Concello investiu 445.000 euros en axudas de emerxencia social.

Vigo incorpora un autobús urbano híbrido e sumará dez no prazo dun ano

martes, 18 mar 2014

O novo vehículo presta servizo desde hoxe martes na liña Circular a modo de proba. O alcalde salientou as vantaxes medioambientais do híbrido -o aforro no consumo de combustible e a reducción das emisións de CO2- e avanzou que o transporte urbano vigués incorporará dez á súa flota de autobuses no prazo dun ano.

concurso "Gústame o galego nos centros de ensino"

martes, 18 mar 2014

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo colaboran no concurso "Gústame o galego nos centros de ensino" no que se propón ás e aos estudantes de todos os niveis educativos da cidade e ao alumnado da UVigo que manden microrrelatos, vídeos de rap, contos ilustrados, bandas deseñadas, carteis, viñetas...