Escoitar

Inversa Teatro presenta "Fémina Sapiens"

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa compañía INVERSA Teatro para a representación do seu espectáculo Fémina Sapiens, que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), o mércores 19 e o xoves 20 de marzo, a partir das 21:00 h.<br /> Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra somos máis proclives á involución) e onde se cuestiona a linguaxe e o rol imposto á muller desde a propia decisión da bipolaridade Muller-Homo.

luns, 17 mar 2014
1395051949feminasapiens.jpg
Fémina Sapiens
Fémina Sapiens é "unha" personaxe que tenta buscar e analizar cal é ese eslabón perdido que todo ser racional coñecido posúe ao redor das súas decisións morais. "A personaxe" Fémina é unha intelectual que cae envolta nas súas propias contradicións. Por qué persoas que son supostamente morais, críticas, autocríticas, posúen con todo para cos demais actitudes altamente inmorais? Como é posible que grandes filósofos/as que estudan a moral teñan tantas arestas no comportamento? Como é posible que alguén que entende a microfísica do poder de Foucault, non se decate con todo da gravidade que supón non darlle á túa amiga un pedazo de pan cando esta ten fame e non ten diñeiro? Non se trata de falar de incoherencias ou hipocrisías senón de tentar explicar o porqué dese misterio que nos fai analizar e ver claramente aspectos da realidade e con todo, sitúanos como cegos ante outros aspectos, trátase de buscar o eslabón perdido das decisións morais.

INVERSA Teatro é unha compañía profesional galega fundada e dirixida por Marta Pérez desde o 2009, que fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas. Aposta por un teatro contemporáneo e de experimentación onde poder levar a cabo textos de dramaturgos galegos contemporáneos. Un dos puntos clave para INVERSA Teatro é a súa intención feminista. Non é casual que todas as súas obras cuestionen o papel da muller na sociedade.
Descargar todas as imaxes