Inauguración exposición "Os que habitan" de Eva Díez, na Casa das Artes

Este mércores, 19 de marzo, ás 20:00 h, inauguráse na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Os que habitan", da viguesa Eva Díez, promovida pola Concellería de Cultura e Festas.

martes, 18 mar 2014
1395143531osquehabitan.jpg
Con esta exposición, a primeira a nivel individual, Eva Díez presenta o proxecto fotográfico que lle valeu ser seleccionada para os visionados de portafolios en Photoespaña 2012 cos máis importantes editores e comisarios internacionais, e que lle granxeou importantes premios e recoñecementos, como o Premio Nacional de Fotografía Profesional LUX 2011 (Prata na categoría "Proxecto Persoal"), ou a mención de honra nos International Photography Awards (IPA -2012).

Baixo a inocente aparencia de fábulas protagonizadas por pequenos animais que -asombrosamente- se comportan como seres civilizados nos minuciosos escenarios que a fotógrafa lles prepara, as imaxes de Eva Díez aluden sutilmente á casa como alegoría do ser interior, na que as representacións animais actúan como símbolos, e metáforas plásticas, do instintivo extraviado nos labirínticos tobos do inconsciente.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 27 de abril; haberá visitas guiadas coa artista e mailo comisario os días 1 e 8 de abril, ás 20:00 h.
Descargar todas as imaxes