Escoitar

Máis de tres mil nenos e nenas participarán no programa de carreiras escolares de Vigo

Seis carreiras organizadas desde o próximo domingo 23 de marzo e o 12 de outubro contarán coa participación de máis de tres mil nenos e nenas. O Concello colabora, un ano máis, na organización do programa de crosses escolares de Vigo co obxectivo de fomentar o atletismo, unha actividade física "educativa e saudable".

venres, 21 mar 2014
1395404936cross.JPG
O programa de crosses escolares de Vigo inclúe, neste ano 2014, seis probas que se van celebrar entre o próximo domingo 23 de marzo e o 12 de outubro. Así o explicou hoxe o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, quen cifrou en máis de 3.000 os nenos e nenas que partiparán nesta actividade deportiva. Tal e como explicou, estas probas dinamizan o atletismo entre a poboación escolar da cidade de Vigo e se organizan nun calendario estable de probas que persegue promocionar unha actividade física "educativa e saudable".

As dúas primeiras carreiras coinciden o próximo domingo 23 de marzo e serán o 37º Trofeo de Campo a través de San Miguel de Oia e o Cross Escolar do Colexio Moterrey; a terceira carreira, o 38º Cross Escolar de Coutada Beade, será o domingo 30 de marzo: a cuarta, o 25º Cross escolar do Colexio Mosteiro Bembrive, está prevista para o 27 de abril; a quinta, o 3º Cross Escolar do CSCR de Beade-Carreira Poular da Cereixa e, por último, o 12 de outubro será o 19º Cross Escolar Castro San Miguel, no que se prevé unha participación de máis de 1.000 nenos no entorno do parque de Castrelos.

A entidade que coordina o calendario das probas é a Agrupación de Xóvenes Atletas, que agrupa aos centros escolares que desenvolven cada unha das carreiras, coa colaboración das súas respectivas Anpas.
Descargar todas as imaxes