O Pleno ratifica a concesión da Medalla da Cidade ao conxunto do sector naval de Vigo
A Corporación validou hoxe venres a concesión da Medalla da Cidade ao conxunto do sector naval, "que representa o mellor da tradición obreira nesta cidade", dixo o rexedor. Na mesma sesión plenaria ratificáronse as sete persoas ou institucións que este ano serán Vigueses Distinguidos.
O Pleno do Concello acordou hoxe venres "conceder a Medalla da Cidade, Reconquista 2014, ao Naval de Vigo en consideración o seu papel preponderante no desenvolvemento da cidade e pola súa importancia no entorno europeo tanto polo seu nivel tecnolóxico como pola súa importancia laboral". Esta distinción foi apoiada polo PSOE e o PP e, sin embargo, contou co voto en contra do BNG, a pesares de que este grupo aceptara este acordo na Xunta de Voceiros celebrada o mércores.
En cuanto aos Vigueses Distinguidos, neste caso os concelleiros de todos os grupos políticos sí ratificaron as propostas aceptadas na Xunta de Goberno: Proxecto educativo-deportivo do colexio Seis do Nadal, Dolores Galovart, Josefa Martínez e Manuel Mera Sánchez, Francisco Javier Pitillas e Rápido de Bouzas. A sétima disintición recaeu no Colexio Maristas e foi outorgada a petición da unanimidade dos grupos. Tal e como anunciou o rexedor días atrás, a lectura do Bando correrá a cargo do dirctor da planta de PSA Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina.
Rematado o Pleno, en declaracións aos medios, Caballero amosou a satisfacción "do goberno e da cidade" pola concesión desta medalla porque "o naval de Vigo representa o mellor da tradición obreira desta cidade", destacando que, precisamente, o lema das pancartas das movilizacións falan sempre do naval de vigo. Caballero cualificou a votación desta mañá como "un novo hito na defensa do naval", enfatizando a súa importancia laboral "nunha cidade que queremos unida".
Descargar todas as imaxes