Escoitar

Abel Caballero avanza que unha zona verde ocupará o solar de As Dornas, en Samil

O alcalde visitou este venres os traballos de demolición do antigo restaurante As Dornas, en Samil, obra iniciada hai unha semana e que concluirá nun prazo estimado en 3 meses. Caballero anunciou que o mobiliario en bo estado será entregado aos comedores sociais que o precisen.

venres, 21 mar 2014
1395405121dornas.JPG
O Concello de Vigo creará unha zona verde no solar do antigo restaurante As Dornas, en Samil, unha vez rematen as obras de derrubo do inmoble, nun prazo estimado en 3 meses.

Caballero explicou que a nova zona verde "vai mellorar moito a praia de Samil e o seu aspecto", ao suprimir un "obstáculo visual moi consistente", en verbas do alcalde. O derrubo xa comezou a pasada semana e o mobiliario en bo estado será preservado e doado polo goberno local aos comedores sociais que o necesiten.
Descargar todas as imaxes