A Corporación insta á Xunta á paralización cautelar da concesión do servizo do mantemento do Meixoeiro
Os tres grupos políticos con representación municipal acordaron este luns a redacción dunha declaración institucional instando ao goberno galego a "paralizar cautelarmente a concesión do servizo de mantemento" no hospital, para garantir a calidade e continuidade do mesmo e todos os postos de traballo cando funcione o novo centro hospitalario.
Leída ante o pleno polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a declaración institucional acordada polos grupos municipais do PP, PSOE e BNG insta á Xunta de Galicia "a paralizar cautelarmente a concesión do servizo de mantemento do hospital Meixoeiro cos seguintes obxectivos:
1. Garantir a calidade do servizo nas condicións que viña realizándose ata o momento.
2. Garantir a continuidade do servizo e os postos de traballo de todo o persoal de mantemento do Hospital Meixoeiro cando entre en funcionamento o novo hospital de Vigo"