Escoitar

O goberno local arrancará a próxima semana obras de humanización por valor de 2 millóns

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe venres os últimos trámites para comezar as obras de humanización de distintas rúas do centro e das parroquias. Cun orzamento superior aos dous millóns de euros, estes traballos teñen un prazo de execución máxima de 4 meses.

venres, 28 nov 2014
1417179632Imagen003.jpg
O alcalde avanzou esta mañá que a próxima semana comezarán obras en prácticamente toda a cidade por valor de 2 millóns de euros. A Xunta de Goberno local deu luz verde aos últimos trámites para iniciar de inmediato traballos en Alonso Ojeda; rúa Toledo e o seu contorno; Coutadas-Teis; Praza Martínez Garrido -entre o camiño dos Medeiros e o camiño Sobreiro; e, por último, Doutor Canoa

Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, tamén arrancarán as obras de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversos accesos, rúas e camiños de Vigo, por valor de un millón de euros. Concretamente, detallou, acometeránse traballos nas seguintes zonas: Avda Atlántida nº30-52 -Alcabre; rúa Estrada á Balsa-Matamá; rúa Bravo-Navia; Camiño Oia e Rozo -Coruxo; rúa Eira Vella-Saiáns; Subida á Rola -San Roque; Estrada Marco -Sárdoma; Camiño Pinguela -Valladares: acceso ao Pavillón de Coruxo e Camiño Gándara; San Cosme.Zamáns; Santa Mariña-Cabral; Camiño Fondo-Castrelos; subida á Madroa e rúa Manuel Costas-Bastos-Candeán; subida á Mouteira en Bembrive e rúa Seixo en Beade; rúa Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda-Lavadores, fase II da rúa Pedreira. Esta tanda de obras no rural estará rematada nun prazo aproximado de dous meses.
Descargar todas as imaxes