venres, 28 novembro 2014

COMUNICADO DE DECRETO DE LOITO OFICIAL

O Goberno da cidade de Vigo quere mostrar a súa dor polo pasamento da axente da Policía Nacional, falecida hoxe nesta cidade. Este goberno quere enviar o seu pésame a súa familia e a todo o Corpo da Policía Nacional de España.

O alcalde decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media asta, así como a suspensión do encendido das luces e o inicio das Festas de Nadal para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 19:00 horas na Porta do Sol.

O Concello coopera cun encontro lusogalaico sobre adiccións que se celebrará en febreiro en Vigo

venres, 28 nov 2014

Abel Caballero manifestou hoxe venres a súa preocupación porque, coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos perderán as súas competencias en materia social a partir de 2016. Así o dixo durante unha reunión preparatoria dun encontro luso-galaico sobre drogadiccións que se vai celebrar en Vigo o próximo mes de febreiro.

Conferencia de Marcela Lagarde

venres, 28 nov 2014

A Concellería de Igualdade programa para o día 2 de decembro, martes, ás 20:00h a conferencia que impartirá Marcela Lagarde y de los Ríos sobre "A violencia feminicida e os dereitos humanos das mulleres" no auditorio do antigo Reitorado (R/Areal, 46)

Marcela Lagarde é antropóloga e investigadora mexicana. Autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres, etc. Catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México. Acuñou o termo feminicidio para describir a situación en Ciudad Juárez, México e acadou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso para investigar o asasinato de mulleres en Ciudad Juárez.