luns, 24 novembro 2014

O alcalde defende a ampliación do peirao de Areal e ter o Porto "preparado" para a saída da crise

Abel Caballero asegurou este luns que o Porto de Vigo é "un obxectivo prioritario para esta cidade" e amosouse satisfeito pola conclusión das obras de Areal, posto que a crise "se superará" e "temos que ter o porto preparado". O alcalde recordou que, á súa chegada á Alcaldía, posibilitou esta ampliación ao levantar o recurso xudicial que impedíu durante anos a execución da mesma.

EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero 2014

luns, 24 nov 2014

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" , o Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller poñen en marcha un ano máis a iniciativa EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.<br />